Concello da Coruña

Concello da Coruña

Unha mañá, un ovo. Contacontos de Paula Carballeira.

PRAZAS ESGOTADAS. Contos para non esquecer cantar, cantes ben ou cantes mal, e recuperar a alegría se anda por aí perdida.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

16/05/2015, de 12:00 a 13:00

Xa rematou

Horario:

12.00 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Dirixido a: familias con nenas/os de 4-10 anos.

Núm. de prazas: 40 nenas/os.

INSCRICIÓN: na conserxería do Ágora ou no teléfono 981 189 888, dende o martes 12 de maio (ata esgotarse as prazas).

Nos contos sempre hai unha mañá diferente, unha mañá na que cambia todo.

Unha mañá na que unha nena que ía cara á escola perde o camiño e atópase cun rei malhumorado que ten un arrefriado e quere que todo o mundo lle desexe "saúde" porque se cre moi importante, pero a nena descobre que é tan importante coma el, e o rei deixa de ser rei; unha mañá na que a xente sae contenta á rúa porque se acabaron as guerras e teñen ganas de cantar, de bailar e de romper fronteiras, pero os soldados aínda non marcharon; unha mañá na que de súpeto, unha galiña quere poñer un ovo, sexa onde sexa, porque ese é o momento, un momento calquera dunha mañá calquera.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión