Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tripula - Los Farrés

LOCALIDADES ESGOTADAS

A quen vai dirixido?:

máis de 6 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

03/12/2016

Xa rematou

Horario:

18.30 h. Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite a entrada na sala.

 

Duración:

45 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 €) (o abono inclúe como mínimo unha persoa adulta e unha menor) menores de 3 anos: 2'00 €.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Dous científicos iluminados descubriron unha nova maneira de viaxar e hoxe preséntana a un grupo de pasaxeiros.

Despois de moito traballo e esforzo, atrévense a mostrar a súa gran revolución nos medios de transporte: o Globo Estático. O Globo Estático viaxa polo espazo, rozando os límites da realidade, permitindo ir a sitios que ata agora ninguén sospeitaba que existisen.

A viaxe promete ser apracible e poética, aínda que pode xurdir máis dun contratempo que obrigará os pasaxeiros a incorporarse á tripulación.

Unha viaxe estática dentro dun globo aerostático.

Un espectáculo para navegar fóra do mundo, deixándote levar polo aire e a imaxinación.

Premio Fetén espectáculo en espazos non convencionais.

 

Los Farrés - Cataluña

Público: máis de 6 anos

Creación: Pep Farrés, Jordi Farrés, Jordi Palet

Dirección: Jordi Palet i Puig

Interpretación: Jordi Farrés e Pep Farrés

 

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función dende unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

www.ticketea.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión