Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRCdanza: Je Te Haime

Engurrar as nosas peles de tanto rascarnos un contra outro, curtidos semanas tras anos, descosidos, retecidos e desgarrados unha e outra vez.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/04/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

Tarifa especial: 5'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

*Acceso gratuíto entregando o resgardo do espectáculo Blondy's coffee peza soa para dúas mulleres.

**Abono: pola compra conxunta de polo menos 6 espectáculos de TRCdanza 2015. -25%

Televenda:

Ataquilla.com

HURyCAN preséntanos esta peza de Danza Contemporánea.

É lento o proceso para, aos poucos, chegar a coñecerte, acumulando pegadas e colleitando por feixes os refugallos de tensións amontoadas. Capas sucesivas escondidas entre os pregamentos, á espreita baixo unha costra fráxil, listas para o asalto..., ou para enlazarte. Harmonía ou desacordo..., química inestable onde cada paso ten o potencial de proxectarnos por reviravoltas interminables, aniquilarnos ti e eu ao mirarnos, para non decidir finalmente e seguir: ódiote, quérote e pouco a pouco coñézote.

Coreógrafos e intérpretes: Candelaria Antelo e Arthur Bernard Bazin

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión