Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Who will save me today?

Un só contemporáneo de Janet Novás.

Cando:

18/10/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

55 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: - 20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa Danza 2014 (744 KB)

Como integrar unha (ou a miña) verdade transparente e convivir con ela habitando un sistema no cal todo se clasifica e se ordena de forma estrutural? Como compartir a miña verdade e como aceptar a verdade doutros? Cantos somos moitos e sós cantos somos? Necesitamos ser salvados? Salváronse os que xa estiveron? Quen nos salvará? Who will save me today?

Who will save me today? Xorde das miñas vivencias na actualidade. Nace dun encontro comigo mesma e da aceptación das miñas experiencias e crenzas como ser humano. Unha necesidade de facer do meu traballo un exercicio de honestidade. Isto é o único que me salva e que me permite continuar día a día.


Repartición: Janet Novás

Creación e dirección artística: Janet Novás

Duración: 55 minutos

*Capacidade reducida.


Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión