Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Fácil

Cielo Raso xunta a Igor Calonge e Andrea Quintana nunha obra contemporánea dentro do Ciclo TRC danza.

Cando:

26/09/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa Danza 2014 (744 KB)

Unha muller entra nunha habitación, á súa esquerda unha cadeira de madeira, xunto á cadeira unha lámpada, tamén de madeira. De fronte unha ampla ventá cuberta por unhas persianas, ao outro lado da ventá a natureza esténdese... (Un pensamento de temor axita a mente da muller) xunto á ventá hai unha pequena mesa, sobre a mesa un vaso con flores, a muller diríxese cara ás flores. Entra un home cunha copa baleira na man, parece que vai servirse algunha bebida, pero detense. Contempla a ventá... E un pensamento de temor axita a súa mente.

O traballo sitúase nun espazo convencional teatralizado, no que habitan dous personaxes que parecen espertar ante algo inminente, pero que non se materializa, a obra vai xerando unha tensión crecente, un ambiente de paz incómoda, que conecta co subconsciente dos personaxes. Que cometen pequenos actos vandálicos impropios para o ambiente idílico que formulan.

Repartición:

Igor Calonge: Experimentado e preciso intérprete en compañías do país como Provisional Danza, Compañía Daniel Abreu. Destaca nos últimos anos como creador emerxente con traballos de factura intimista, impecable execución e nostálxica beleza.

Andrea Quintana: Formada en Danza Clásica e Contemporánea, destaca profesionalmente pola súa capacidade interpretativa, así como pola súa sólida técnica e creatividade. Traballou con destacados coreógrafos: Carmen Werner, Madelyne Reant, José Reches, na Compañía Daniel Abreu, Pisando Ovos, Ertza e Compañía Arrieritos, entre outras. Como creadora presentou diversos traballos entre os que destaca Garabato, Premio INJUVE á Creación 2012.

Autor e dirección: Igor Calonge

Compañía: Cielo Raso

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión