Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller Videoclip

Taller de estudo, análise e produción de videoclips e a súa relación co corpo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/09/2017 ata o 15/09/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 23/08/2017

Horario:

Desde o 11 ata o 15 de setembro inclusive de 10 a 14 h

Duración:

5 días

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

50 € que se aboarán na conserxería do Centro Ágora no momento da matrícula

Requisitos:

Número mínimo de alumnos/as: 6

Número máximo de alumnos/as: 20

Contacto:

Centro Ágora Lugar da Gramela 17. 15010- A Coruña Tel. 981 189 888

Revisión dalgunhas das pezas máis relavantes do xénero para extraer os elementos estruturais cos que se traballará para producir exercicios creativos, que poden ser en vídeo ou escénicos.

Taller de 20 h impartido por Magdalena Leite e Aníbal Conde.

Magdalena Leite é coreógrafa, bailarina e docente. Recibiu a bolsa DanceWeb do Festival ImpulsTanz; o apoio de IBERESCENA para a creación en 2010 e 2014 e da Fundación Prince Claus para a presentación de Jack Taste la suerte está echada; a súa obra Cover foi seleccionada pola curadora Alejandra Labastida para formar parte da exposición The life of others no Akbank Center en Istambul, Turquía.

Aníbal Conde é artista visual e performer. Bailou na obra "Me sitio" baixo a dirección de Paula Giuria. Participou na Réplica Infiel de Xavier Le Roy, no CA2M de Madrid, España. O seu documental Condensación foi seleccionado para ser exhibido no Festival Creative Commons da Cidade de México; o seu documental "Queda tanto por hacer" foi exhibido en MTV Brasil e El Jardín de las Virtudes en París no 11ème Festival des Cinémas Différents.

O seu proxecto LOS40 acaba de ser seleccionado para as residencias 2017 da Casa Encendida e o CA2M en Madrid. Están desenvolvendo VIDEOCLIP, proxecto de investigación artística comezado no Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de ARTEA no Museo Raíña Sofía, España. Este proxecto recibiu o apoio do Programa de Fomento do FONCA para ser presentado en México, Arxentina, Uruguai e España entre 2016 e 2017. Os dous artistas son membros do Colectivo AM.

Xuntos realizaron as obras: DANCE DANCE DANCE con máis de 50 presentacións ao público en lugares como a Judson Church en Nova York, o Museo Universitario de Arte Contemporánea MUAC e o Teatro Pradillo en Madrid; VIDEOCLIP, investigación presentada no Centro Cultural de España en Montevideo e no Espazo de Arte Contemporánea dentro do FIDCU 2015, realizada co apoio de IBERESCENA 2014; Experimento X5, obra finalista do Premio de Coreografía Guillermo Arriaga 2014; e varios exercicios creativos tanto escénicos como de acción performática e de imaxe.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión