Concello da Coruña

Concello da Coruña

Spill de Daniel Beltrá

Exposición fotográfica

Cando:

Dende o 17/09/2014 ata o 02/11/2014

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h.

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Jardines de Mendez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Spill componse de 50 imaxes de gran formato que resumen os dous meses que este fotógrafo de recoñecido prestixio empregou en documentar o desastre que supuxo a explosión da plataforma petrolífera Deepwater Horizon no Golfo de México. Como o propio Beltrá afirma: “Desexo que as miñas instantáneas insuflen un maior respecto á conservación do planeta. Ocultas entre estas imaxes encóntrase a realidade do estado do noso medio ambiente e o legado que estamos a deixar para as xeracións vindeiras”.

O artista

Daniel Beltrá (Madrid, 1964) é un fotógrafo conservacionista instalado en Seattle (Estados Unidos), cidade dende a que se despraza ata diferentes puntos do planeta para documentar a natureza e o medio ambiente. Durante as dúas últimas décadas, o traballo de Beltrá levouno a percorrer os cinco continentes, participando en numerosas expedicións xunto a Greenpeace no Amazonas, o Ártico, os océanos do sur e os glaciares na Patagonia.

O seu traballo Spill fíxoo merecedor no 2014 de numerosos premios como o DAYS JAPAN International Photojournalism Award, o Picture of the Year International, o China International Press Photo, o International Photography Award, o Veolia Environment Wildlife Photographer of the Year (un dos premios internacionais máis prestixiosos de fotografía de medio ambiente) e o International Photographer of the Year Award, na categoría Deeper Perspective, nos Lucie Awards realizados en Nova York. Máis en http://www.danielbeltra.com/.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión