Premio María Casares á Mellor Versión Teatral
21/11/2014 ás 23:59
Xa rematou
21 horas
60 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 7'00 euros)
Abono 4 (1 entrada para 4 espectáculos diferentes, 24'00 euros). Só se venderán na Praza de Ourense e Fórum Metropolitano.
"La vida de El Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades", non ten autor coñecido. O que si sabemos é que foi publicado en 1554. Facía 62 anos do descubrimento de América e o ouro chegaba a España, pero os banqueiros alemáns tiraban "a parte doleón". A infracción trouxo pobreza e aparecen os fidalgos miserables, como os que se mostran nesta obra.
E vemos un neno famento, que só pensa en comer e ter un teito. Cincocentos anos despois, vemos que unha cuarta parte da humanidade vive nunha miseria extrema. Esta actualidade insólita do tema, levounos a interesarnos por esta obra. Queremos encarar este drama con moito humor, desta lexión de pobres renacentistas que querían o mesmo cós pobres de hoxe: COMER.
Versión: César Campodónico
Dirección: Andrés Pazos e Celso Parada
Intérprete: Celso Parada
Compañía: Teatro do Morcego
Duración: 60 minutos
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h
Despacho do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes de cada función.
Venda telefónica: 902 504 500
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible