Concello da Coruña

Concello da Coruña

San Xoán 2013 - Espírito de lume

LUME! Arde a festa na Coruña Chega xuño. Xa ole a San Xoán. Olor a parrocha acabada de facer, a cachelos e a cacharelas.

Cando:

Dende o 15/06/2013 ata o 24/06/2013

Xa rematou

Documentos:

Programa e calendario de actuacións (616 KB)

Axenda Sanxoaneiros 2013 (61 KB)

www.corunaespiritudefuego.com

Vídeo San Xoán seguro (castelán)

Vídeo San Xoán seguro (galego)

 

Chega o mes do lume, da maxia e da diversión. O mes dos bos desexos, das ilusións e dos novos retos. Este ano temos moito que celebrar e moitas maneiras de gozalo. É o primeiro ano que o día de San Xoán é festivo oficial, marcado en vermello (lume) no calendario. Estamos ás portas do esperado solsticio de verán. Nada mellor que esquecerse dos malos fumes e saír á rúa para recibilo. Benvidos á noite máis estupenda, fermosa, máxica, vibrante, espectacular, fantástica, cegadora, incrible, alucinante, total, impresionante, meiga, marabillosa… do mundo.

POP, FUSIÓN E VERBENA

Música xenuína para todos os gustos e públicos.

Alejandro Sanz e Hombres G veñen á cidade para ofrecernos as súas mellores versións en directo.

O festival de música fusión BIPOLAR FEST promete non defraudar os máis esixentes, coas actuacións de Jacobo Paz e Dos Mundos, Seissenseis ou César Decenti, entre outros artistas. Linho do cuco proporcionará o lado máis tribal e autóctono co inconfundible son do seu bombo, tambor, pandeiretas, gaitas…

A cor da verbena na noite de San Xoán poñerana as orquestras Panorama e Cinema.

Ao día seguinte, tamén haberá concertos para os máis pequenos, como Mamá Cabra ou Tic Tac, nunha xornada chea de fantasía.

CIRCO E MAXIA

Especialmente pensadas para os nenos, as actividades de teatro, maxia, xogos tradicionais ou talleres creativos faranos partícipes dunha das festas máis importantes da Coruña. O circo Chosco co espectáculo “Voando”, os pasacalles de cabezudos, os monicreques a pé de barrio ou o xogo do labirinto máxico son só unha pequena mostra da extensa programación infantil que os espera.

XA O DICÍA A MIÑA AVOA…

Loureiro e flores silvestres para dar sorte ou saltar a cacharela nove veces (sempre con sentidiño )… Para que non se nos escape nada, escoitaremos con atención as tradicións de San Xoán que nos van contar, ao ritmo da música dun espectáculo itinerante de zancudos e cuspe-lumes. Tamén estaremos atentos ás clásicas sardiñadas populares, os días previos á gran noite.

MEIGAS FÓRA!

A noite máis curta do ano e máis marabillosa do mundo non hai escusas para quedar na casa. A cabalgata de San Xoán percorrerá o paseo marítimo, dando paso ao momento máis emocionante, onde o lume é o auténtico protagonista: a queima da falla na praia de Riazor e o espectáculo pirotécnico. Meigas fóra!

Moito circo, moita maxia e moito xogo

Se nos esquecésemos dos máis pequenos, as festas de San Xoán non terían sentido, nin serían máxicas. Por iso teñen un espazo importante reservado, só para eles.

Distintos en tamaño, pero iguais na capacidade para espertar sorrisos, cabezudos e monicreques van da man nun espectáculo infantil que percorrerá os barrios coruñeses durante todo o mes de xuño para que ninguén quede sen festa.

Tamén haberá circo, teatro, maxia e inchables en Santa Margarita, o 16 de xuño. Esa tarde o parque acollerá xogos de animación “xigantes”, xogos tradicionais e talleres creativos de chapas, malabares e costumes de San Xoán. Seguramente, as acrobacias e os malabares con lume do circo Chosco “Voando” deixará a nenos e maiores coa boca aberta.

Outro recuncho cheo de maxia estará localizado nos Xardíns de Méndez Núñez o día 22. Alí, poderán vivir unha aventura no labirinto máxico ou apuntarse aos talleres da lenda dos elementos.

Sen dúbida, vivirán os momentos máis divertidos da xornada do día 24 en María Pita. Ese día están programados os concertos do grupo infantil Mamá Cabra, Tic Tac, Pablo Díaz e A nena e o grilo. Poderán bailar con Pés de Lan e ao son dos ritmos de Odaiko. E terán máis circo con Desastronaut “Un día de praia”.

Mentres tanto, para que non se poida oír nin un só “abúrrome”, talleres de construción de instrumentos, monicreques, unha casa dos xogos, e moito máis!

 

A noite máis marabillosa do mundo

Marabillosa, estupenda, fermosa, máxica, vibrante, espectacular, fantástica, cegadora, incrible, alucinante, total, impresionante, meiga… e quedámonos curtos para describir a noite que todos estabamos agardando.

É momento de dicir adeus ao vello que queremos esquecer e saudar o novo que queremos empezar. O espírito de lume inundarao todo. Para abrir boca, a verbena comezará ás 21.30 no paseo marítimo da man de Cinema Orquestra e, máis tarde, coa Orquestra Panorama. Ambos os grupos amenizarán a velada ata altas horas da madrugada.

Para celebrar a nosa festa máis especial, unha cabalgata de San Xoán percorrerá as rúas animada polos pasacalles do grupo de teatro Manicómicos.

E, ao fin, uns minutos antes das 12 da noite, para marcar a entrada do solsticio de verán, os impresionantes fogos artificiais e a queima da falla na praia de Riazor. Arde a festa! 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión