Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Lecer do Ágora Primavera 2024

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 5 de febreiro e rematarán o sábado 1 de xuño, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/02/2024 ata o 01/06/2024

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Documentos:

PROGRAMA AGORA PRIMAVERA 2024 (883 KB)

Agora - Resultado sorteo Obradoiros Programa Lecer Primavera 2024 (357 KB)

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER - PRIMAVERA 2024

CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO

Pagamento dos OBRADOIROS DE CONTINUIDADE: 8 (a partir das 9.00 h) , 9 e 10  (ata ás 20.00 h) de xaneiro.

Todas os pagos que teñan data de envío posterior aos días e horas indicados non serán tramitados.

1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES39 0182 5778 0902 0158 4988 (BBVA).

E imprescindible enviar o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositar o mesmo nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Fórum ou do Ágora) e o/os obradoiro/s aboado/s.

2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" o non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no ÁGORA ou no FÓRUM, de 09.00 a 14.00 h

NOVOS OBRADOIROS E NOVAS PERSOAS

Preinscrición: 10 (a partir das 9.00 h), 11 e 12 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.

Publicación das listaxes de co número do sorteo: o 15 de xaneiro, ás 10.00 h, na páxina web municipal (/www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.

LISTAXE AGORA CON NUMERO DE SORTEO PRIMAVERA 2024

FORUM. Prazas vacantes sen listaxe de agarda

Sorteo público: o luns 15 de xaneiro, ás 12.00 h, na conserxería do ÁGORA

Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: o mércores 17 de xaneiro ás 10.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.

AGORA - RESULTADO SORTEO OBRADOIROS PROGRAMA LECER PRIMAVERA 2024 

Agora - Resultado sorteo Obradoiros Programa Lecer Primavera 2024

Pagamento da cota: os días 17, 18 e 19 de xaneiro.

Adxudicación das prazas vacantes nos obradoiros sen listaxe de agarda: a partir do xoves 18 de xaneiro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 31 de xaneiro.

AGORA. PRAZAS VACANTES SEN LISTAXE DE AGARDA

AGORA. Prazas vacantes sen listaxe de agarda

Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxes de agarda:

Contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Nunha primeira volta: o día 23 de xaneiro; e a segunda volta: o día 25 de xaneiro.

Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

Pagamento das prazas adxudicadas das listaxes de agrada: as da 1.ª volta, o 23 ou o 24 de xaneiro; e as da 2.ª volta, o 25 ou o 26 de xaneiro.

Adxudicación das prazas vacantes: a partir do luns 29 de xaneiro abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 31 de xaneiro.

MODO DE PREINSCRICIÓN:

1.ª opción: farase de forma telemática, a través so seguinte FORMULARIO

2.ª opción: facilitarase axuda telefónica (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet, a través do teléfono 604 272 419.

3.ª opción: facilitarase axuda presencial (de 9.00 a 14.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet nos halls do Fórum e do Ágora.

Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Hai que ter en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.

No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar o seu número de sorteo na páxina web e no centro o 15 de xaneiro.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:

Unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o mércores 17 de xaneiro ás 10.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010. Nelas figurarán o número de inscrición, o núm. do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s.

As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia no sorteo público. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro.

Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.

COTA DE INSCRICIÓN PRIMAVERA 2024

40 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos.

28 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.

PAGAMENTO DA COTA:  Do 17 ao 19 de xaneiro (os tres días incluídos).

1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES39 0182 5778 0902 0158 4988 (BBVA).

É IMPRESCINDIBLE enviar o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositarase nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Ágora ou Fórum) e o/os obradoiro/s aboado/s.

2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" o non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no ÁGORA ou no FÓRUM, de 9.00 a 14.00 h os días 17,18 e 19 de xaneiro, para os NOVOS OBRADOIROS.

No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila.

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do venres 16 de febreiro, no caso dos obradoiros de luns e martes este prazo ampliaríase ata o martes 20 ás 21.00 h

Para os aboamentos das prazas vacantes ou en listaxe de agarda o aboamento de forma presencial será exclusivamente de 10.00 a 14.00 h.

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 5 de febreiro e rematarán o sábado 1 de xuño, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro.

Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO: Nº10

Documentos relacionados

  • AGORA. Prazas vacantes sen listaxe de agarda (29 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión