Concello da Coruña

Concello da Coruña

Preestrea de "Migas de pan" de Manane Rodríguez

Drama inspirado no relato de Liliana Pereira, unha ex-presa política da última ditadura de Uruguai (1973-1985).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/12/2016

Xa rematou

Horario:

19.30 h

 

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

* Libre ata completar a capacidade da sala

** Rógase puntualidade (Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala)

 

 

A moza foi encarcerada no ano 1975 polas súas ideas, foi torturada e perdeu a custodia do seu fillo. Anos despois, en 1982, Liliana decide volver ao seu país para enfrontarse ao seu pasado. Alí terá que elixir entre o que lle pide o seu corazón e o que lle dita a súa conciencia, e enfrontarase ao dilema de elixir entre a concordia co seu fillo e a denuncia colectiva que prepara un grupo de antigas compañeiras de presidio.

 

Dirección: Manane Rodríguez

Repartición: Justina Bustos, Cecilia Roth, Ernesto Chao, Quique Fernández, Ulises Di Roma, Artur Trillo, Laura de Benito, Sonia Méndez, Patxi Bisquert, Margarita Musto.

Coprodución Uruguai-España - Drama - 2016 - 109 min

 

* Ao finalizar a proxección realizarase unha charla coloquio coa directora Manane Rodríguez.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión