Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas dinversos - Nikola Madzirov e Olalla Cociña

O ciclo continúa cos autores Olalla Cociña (Viveiro, Lugo) e o macedonio Nikola Madzirov, un dos nomes imprescindibles da poesía europea dos próximos anos e que presenta o seu primeiro libro traducido ao castelán, publicado por Pre-Textos.

Cando:

06/05/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

FOLLETO (613 KB)

Nikola Madzirov naceu en 1973 na cidade de Strumica, na actual República de Macedonia, como descendente de refuxiados durante as Guerras Balcánicas de principios do século pasado.

É poeta, ensaísta e tradutor: A súa poesía está hoxe traducida a unha trintena de idiomas e publícase en seleccións e antoloxías de Macedonia e do exterior. Pero os seus comezos apuntan ao ano 1999, cando a súa ópera prima “Encerrados na cidade” (1999) foi galardoada como o mellor libro debutante de Macedonia (Premio Asemblea Estudantil). O mesmo ano publícase “En algunha parte, en ningunha”, que consegue o premio Aco Karamanov. O seu libro máis recente, “Pedra trasladada” (2007), valeulle o premio Hubert Basta para a poesía de Europa do Leste (sendo membros do xurado Peter Handke e Michael Krüger), así como o premio Irmáns Miladinov, o máis prestixioso de Macedonia en poesía.

A esta bibliografía hai que sumar libros seus, en tradución, aparecidos en Croacia, Reino Unido, EEUU, Alemaña, Bulgaria ou Albania, unha lista de renome á que agora se suma o seu primeiro poemario traducido ao castelán, “Lo que dijimos nos persigue” acabado de saír no prestixioso selo de Pre-Textos para España e Latinoamérica.

Foi redactor de poesía na revista literaria e cultural Blesok e un dos coordinadores da rede poética Lyrikline. O afamado compositor norteamerciano de jazz Oliver Lake, colaborador de Björk e Lour Reed, compuxo música coa letra dos seus poemas. Ademais recibiu numerosas bolsas internacionais como escritor en residencia, caso da IWP da Universidade de Iowa, Tandem Project en Berlín, Kulturkontakt en Viena ou Villa Waldberta en Múnic.

 

Olalla Cociña Lozano, nacida en 1979 é natural de Viveiro, aínda que vive actualmente en Compostela. Dende alí e xunto a Branca Novoneyra, coorganiza o ciclo de lecturas poéticas Picaversos (www.picaversos.wordpress.com), unha iniciativa que comezou en outubro do 2011.

No ano 2000 obtivo o premio de poesía “O Facho” outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome e, catro anos despois, o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá. Publicou os libros “As cervicais da memoria” (Premio de Poesía Avelina Valladares 2004), Aquí (intemperies) (2006) e Libro de Alicia, (Premio Fiz Vergara Vilariño 2008), ademais da plaquette Acenos /Gestos (proxecto Carmina in mínima re).

Participou en antoloxías e publicacións colectivas como “Das sonoras cordas. 15 poetas desde Galicia” (2005), Poetas con Rosalía (2006), Volverlles a palabra (2006), Letras novas (2008), Semtimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación (2012), entre outras, ademais de intervir en numerosos recitais e encontros poéticos e colaborar en diversos xornais e revistas.

Tamén é súa a autoría dos blogs www.reveladora.blogspot.com e www.acordome.blogspot.com, e proximamente verá a luz o seu novo poemario, “Ningún precipicio”.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión