Concello da Coruña

Concello da Coruña

POETAS DI(N)VERSOS : Edwin Madrid e Marga Doval

A honestidade brutal de dous poetas que rexeitan toda máscara e impostura, xa dende o sur de Galicia xa dende o mesmo Ecuador.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/11/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Prezo:

Entrada Libre

 

Documentos:

Dossier 28 de novembro (1011 KB)

EDWIN MADRID

Poeta, editor e ensaísta ecuatoriano Edwin Madrid (Quito, 1961) deuse a coñecer en 1987 co poemario ¡OH! Muerte de pequeños senos de oro. Seguíronlle no seu país Enamorado de un fantasma (1990),Celebriedad (1992), Caballos e iguanas (1993), Tambor sagrado y otros poemas (1995), Tentación del otro (1995) o Puertas abiertas (2001).

Nos Estados Unidos viu a luz Open Doors (2000), en España Mordiendo el frío (2004), en Colombia Lactitud cero° (2005) o en Argentina Pavo muerto para el amor (2012). Al Sur del ecuador publicouse en 2014 en Ecuador e no 2016 en Francia, e neste mesmo ano a prestixiosa editorial Pre-Textos vén de sacar a antoloxía persoal do autor Todos los Madrid, el otro Madrid.

 

MARGA DOVAL

Viguesa do 64, a escritora Marga Doval traballa como profesora de lingua e literatura galega. Entre o 1995 e o 2000 foi lectora de galego na Universidade de Tréveris (Alemaña), onde formou grupo poético con Paula de Lemos e publicaron xuntas Entre dunas (2000).

Máis adiante, o seu libro A cidade sen roupa ao sol (2010) sería recoñecido co Premio da Crítica Española (2011). Alén diso, ten poemas en diferentes libros colectivos, entre eles un libro solidario que reúne poetas etíopes e galegas.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión