A Coruña, feminina e plural
Maiores de 16 anos
Para público en xeral
13/05/2017
Xa rematou
de 12 a 13.30 h
gratuíta (con inscrición previa; 55 prazas por paseo)
Inscrición previa desde o martes 2 de maio
INSCRICIÓNS: na conserxería do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h), ou en lingua@coruna.es
981 189 999
Paseo que percorrerá unha parte da cidade, con inicio na estatua de Porlier, no Campo da Leña, e rematará na Fundación Luís Seoane.
Dous serán os fíos condutores: a particularidade de ser A Coruña unha cidade que deu, ou na que viviron, mulleres transcendentes no seu pensamento e nos seus feitos e, tamén, o de ser de sempre cidade liberal.
Pasaremos por lugares vinculados a María Casares, María Miramontes, María Pita, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Herrera Garrido, Luísa Villalta.
Falaremos do mito do nome da cidade, da razón da rúa das Damas, e invocaremos a Juana de Vega, Concepción Arenal, Isabel Zendal ou Eugenia Osterberger, sen deixar de atender ás referencias liberais que atoparemos no camiño.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible