Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oswaldo Digón

Monólogos no Fórum

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/04/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

7,00 euros (carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 6,00 euros)

Venda anticipada ata o día anterior ao espectáculo ás 23.59 h: 5,00 euros.

Televenda:

Ticketea

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Nacín en San Román de Cervantes, Os Ancares, Lugo en 1975.

Tardei en aprender a ler porque confundía a orde das letras e as palabras, as persoas encargadas da miña educación dicían que tiña imaxinación pero que non me centraba. Poida que por levarlles a contraria desde entón reteño todo o que observo e convértoo en historias, agora expoñelas con imaxinación é a miña profesión.

"A ruptura cos mestres é condición necesaria para que xermine a vontade real de escribir" Carmen Martín Gaite.

Pero antes de que así fose traballei como: "pipa" en concertos, director de campamentos, impartín clases de animación, fun monitor de persoas con parálise cerebral, traballei como monitor en campamentos da ONCE e matriculeime en psicoloxía. A miña carreira universitaria durou pouco porque comecei a traballar como animador de tempo libre nun concello no que estiven dez anos. Parecía que a miña vida estaba destinada ao tempo libre e todas esas historias retidas na miña cabeza pedían a berro que lles dedicase máis tempo.

En febreiro de 2009 fíxenlles caso, deixei o meu traballo na administración pública e comprometinme con elas. Agora esas historias teñen toda a miña atención e móstroas de todas as formas que podo.

Este é o meu mundo, grazas por interesarte por el.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión