Obradoiro creativo
Familias, Infancia
09/04/2024
Ya ha finalizado
Desde el 05/04/2024 hasta el 09/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
15 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A ilustradora Laura Romero introduciranos nesta temática cun conto sobre a pandeireta (como naceu, por qué é tan especial aínda sendo tan pequena) e outros instrumentos tradicionais. Continuaremos cunha parte práctica, de xogo, que consiste na creación dunha personaxe combinando distintos elementos (ferreñas, adornos...) e formas xeométricas básicas características aos instrumentos.
Coñeceremos de preto instrumentos, nomes, materiais, historia...
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible