Concello da Coruña

Concello da Coruña

O lixo na UDC - Modelo Nostián. Eu, Ti, Tod@s... Facemos futuro! Cada xesto conta.

Exposición elaborada pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e o Concello da Coruña. En 15 paneis, mostra o modelo de recollida de Nostián e os seus resultados actualizados no ano 2023. Trata cuestións coma os impactos da má xestión dos residuos, ou as vantaxes de separarmos ben en orixe e os beneficios da compostaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/03/2024 ata o 30/03/2024

Xa rematou

Horario:

do 11 ao 30 de marzo de 2024

De luns a venres de 8:00 a 21:00 h

Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h

* visita guiada (45 minutos): 12 de marzo ás 19:30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Este evento, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

O volume de lixo non fai máis que aumentar en todo o mundo. A relación entre a xeración de residuos e a renda é un claro indicador dun modelo de produción e consumo non sustentable. Cómprenos aplicar a fórmula máxica 3R = 1º Reducir, 2º Reutilizar, 3º Reciclar.

Varios paneis explican como desenvolver esta fórmula a nivel persoal e colectivo. A educación ambiental é unha ferramenta para mellorar o modelo de xestión do lixo. Proponse promover a compostaxe doméstica e comunitaria.

Un dos paneis lembra que en 10 de setembro de 1996 se derrubou o vertedoiro de Bens na Coruña, naquel momento o de maior tamaño de Galiza, só superado posteriormente polo macro-vertedoiro de SOGAMA na Areosa (Cerceda). Para ler máis sobre a catástrofe de Bens, abre o seguinte cartafol, publicado na revista Cerna no outono de 1996: Bens, a irresponsable xestión dun vertedoiro

O da Areosa é maior vertedoiro de Galiza de todos os tempos. SOGAMA reciclou o 3% dos residuos recibidos en 2015. Despois de 18 anos de "mellora  continuada", o seu contedor amarelo apenas recuperou o 10% dos residuos de envases xerados. A este ritmo de mellora, levaríalle 120 anos acadar o obxectivo do 50% fixado para 2020.

Se SOGAMA non recicla, que fai cos residuos? Xa en 2016, SOGAMA acumulaba máis de 5 millóns de toneladas de residuos sen tratar no vertedoiro da Areosa, e nos vertedoiros do chamado Complexo Medioambiental de Cerceda acumula máis de 1 millón de toneladas de escouras e outros residuos inertes, e máis de 500.000 t de cinzas tóxicas. Unha situación insostible ... Segue lendo na seguinte ligazón: SOGAMA: o modelo máis caro, os peores resultados

A catástrofe de Bens A Coruña motivou a construción do centro de tratamento de residuos en Nostián, que converteu A Coruña en pioneira na separación da materia orgánica. Moitas cidades e rexións comezan a facer agora o que nós levamos practicando dúas décadas.

Pero a separación de residuos temos que facela máis e mellor. Ningunha peza debe fallar. A recollida separada de residuos é fundamental para garantir ecosistemas sustentables e evitar ecosistemas contaminados. Na Coruña usamos o chamado "modelo mixto húmido-seco". Se os residuos van todos xuntos, o único destino posible é o vertedoiro ou a incineración. Iso implica perder recursos aproveitables. E tamén supón contaminar o solo, a atmosfera e a auga.

As malas prácticas multiplican os custos. Non separar na orixe e reciclar menos implica pagar máis impostos e multas pola contaminación. Tamén perdemos os ingresos polos materiais recuperados, a devolución do que xa pagamos polo punto verde. E os empregos! Así, para o conxunto da sociedade e para o ben común, a reciclaxe é máis barata e máis sustentable tamén desde o punto de vista económico e social.

A participación de todos e todas nós é imprescindible. Se non conseguimos separar ben a fracción orgánica e entregala limpa no contedor que corresponde, todo vai fallar, pois os residuos orgánicos manchan os outros materiais e imposibilitan a súa reciclaxe.

Manuel Soto fará unha visita guiada en martes 12 de marzo, ás 19:30 h. Manuel é catedrático e investigador sobre a depuración de augas residuais urbanas e industriais, xestión e aproveitamento de residuos orgánicos, economía circular, pegada ecolóxica e educación para a sustentabilidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión