Concello da Coruña

Concello da Coruña

Night on earth de Jim Jarmusch

Película dividida en historias independentes a través das cales Jim Jarmusch presenta o panorama nocturno de cinco grandes cidades (Los Ángeles, Nova York, París, Roma e Helsinqui), cun taxi, e o que nel ocorre desde o anoitecer ata o amencer dun mesmo día, e obviamente con diferentes personaxes, como fío condutor

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/07/2016

Xa rematou

Horario:

- xoves 22.30 h

Rógase puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (Carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2 euros)

** Non se aplicará ningún desconto sen presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

 

 

Organiza:

Javier Trigales

Jarmusch volve aos seus personaxes solitarios, ás súas narracións sincopadas e a unhas contornas urbanas e nocturnas. Cada historia encaixa á perfección coas súas compañeiras, un mecano emocional matematicamente puro.

Director: Jim Jarmusch
Intérpretes: Winona Ryder, Gena Rowlands
Estados Unidos, Xapón, 1991 - 129 min
(VOS en castelán)
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS
Formato: DVD

* Coloquio con Nieves Abarca: nacida na Coruña en maio do 68, é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Xornalismo. Traballa no Concello da Coruña e é escritora de novela negra. Publicou catro novelas, "Crímenes exquisitos", "Martyrium", "El hombre de la máscara de espejos" e "Los muertos viajan deprisa". Actualmente está escribindo a quinta.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión