Concello da Coruña

Concello da Coruña

Moby Dick - Gorakada

Moby Dick é un espectáculo pensado para todos os públicos a partir de 6 anos, no que non pretendemos máis que albiscar a inmensidade desa obra mestra da literatura universal.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

11/03/2017

Xa rematou

Horario:

18.30 h. Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite a entrada na sala.

 

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 €) (o abono inclúe como mínimo unha persoa adulta e un/ha menor) menores de 3 anos 2'00 €.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Resultaría absurdo e mesmo ridiculamente pretensioso tratar de trasladar a totalidade desta novela ao escenario, mais nada nos impide propoñer un xogo no que a imaxinación sexa a nosa aliada para recrear, ante os ollos da nosa mocidade espectadora, mares, cachalotes, personaxes e aventuras presentes na obra, e materializar todo isto na mente dos espectadores/as grazas á utilización dos elementos escénicos, o ritmo, o humor, a música, o traballo dos actores e, sobre todo, as palabras de Melville.

Ismael embarca no Pequod, barco baleeiro ao mando do capitán Akab. Durante a súa viaxe goza dos praceres da vida no mar, fai amigos e aprende a recoñecer os distintos tipos de baleas. Pero o obsesivo desexo de vinganza do capitán Akab contra Moby Dick, a balea branca, conducirá o Pequod e a tripulación á desgraza.

Candidata XIX edición dos Premios Max das Artes Escénicas

Gorakada - País Vasco

Público: máis de 6 anos

Creación colectiva a partir dunha adaptación de Julio Salvatierra.

Intérpretes: Aritza Rodríguez, José Cruz Gurrutxaga, Eriz Alberdi, Fran Lasuen e Unai Laso

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) e web.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión