Con The Kitchen vén a obra dunha das grandes artistas contemporáneas, referencia mundial das perfonmances, en palabras do comisario da mostra, Mateo Feijoo.
Dende o 26/09/2013 ata o 01/12/2013
Xa rematou
The Kitchen é un reflexo das experiencias persoais e vitais da artista. Ao internarse na antiga cociña, rememora a infancia coa súa avoa, que era, segundo conta a propia Marina, o centro do seu mundo.
Marina Abramovic crecía entre olores, as palabras e os contos da súa avoa transformábanse en coitelos afiados, figos frescos, soños nocturnos, soños diúrnos, soños vespertinos… Toda esa información acompaña a Marina Abramovic na súa vida nómade, de maneira que nunca máis utilizará a cociña para cociñar. Ao abrirse as portas desta, na que recrea a serie fotográfica, sobrevenlle a nostalxia, a memoria do pasado. Fronte a todos estes recordos une os textos dos diarios de Santa Teresa de Ávila e recolle a idea de enfado co poder divino. Como o feito de ser portadora dun don pode ser un obstáculo na vida cotiá.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible