Este ano cambiamos de localización e ímonos á explanada do Parrote. Achegarémonos ao mundo do circo, cunha programación de gran nivel que contará con espectáculos premiados en diferentes festivais.
03/08/2014
Xa rematou
de 12 a 14 e de 16 a 21 h.
Explanada do Parrote . Paseo Parrote s/n. 15001 A Coruña
- 6 talleres de circo de diferentes especialidades (de 12 a 14 e de 16 a 18 h)
- Animación con personaxes durante todo o día.
- Instalación de xogos: Garabato de xogo.
- Photo-clown durante todo o día.
- A caravana da Señorita Lupierre (de 12 a 14 e de 17 a 21 h)
- Espazo de descanso todo o día.
PROGRAMA / HORARIO DE ESPECTÁCULOS
12.00: Kanbahiota: Namorado do aire (Zona de aéreos).
13.00: Mandarina (Carpa de circo).
13.30: Música na rúa.
16.00: Música na rúa.
16.30: Malas compañías. Orsay (Carpa de circo).
18.00: Música na rúa.
19.00: Trashumante, de Circ Bover (Carpa de circo).
20.00: Vaia Circo!, de Kanbahiota (Zona de aéreos).
21.00: Fin de festa.
GARABATO EN XOGO
En máis de 19 anos de historia deron unha nova vida a unhas 10 toneladas de chatarra, converténdoa nuns 300 xogos, dos cales uns 150 son diferentes, mentres que o resto son versións, a pesar de que todos eles manteñen o selo de pezas únicas.
ZONA DE TALLERES
Seis talleres de circo de diferentes especialidades poñerannos en contacto coas diferenes técnicas: equilibrios, malabares, etc, e cos propios artistas. Teremos talleres de construción e manexo de malabares, equilibrios, acrobacias, aéreos e globoflexia.
FOTOCALL CIRCENSE
Lugar no que fotografarse cos personaxes do circo e levar así un recordo dunha xornada única.
ESPAZO DE XOGOS
Espazo lúdico creativo no que unha instalación fixa permitirá xogar a todos dun modo creativo e moi diferente ao que estamos afeitos.
ESPAZO DE DESCANSO
Lugar tranquilo no que os pais e as nais, e os bebés, poderán descansar, xogar tranquilamente e atopar un pouco de tranquilidade dentro de toda a programación.
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible