Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lunaticus circus - Teatro Paraíso

Hai algún tempo os Ogros inventaron unha terrible mentira para que as súas montañas de ouro seguisen crecendo: prometeron descolgar a lúa para logo venderlla en porcións á xente.

A quen vai dirixido?:

máis de 6 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

20/11/2016

Xa rematou

Horario:

18.30 h. Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite a entrada na sala.

 

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 €) (o abono inclúe como mínimo un adulto e un menor) menores de 3 anos 2'00 €.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Todos os creron e non dubidaron en vender as súas casas, todas as súas pertenzas... ata a comida para conseguir a súa porción de lúa. Agora todo o mundo ten fame, moita fame e débedas, moitas débedas... A pobreza é absoluta, perdeuse todo, en cambio a riqueza quedou en mans duns poucos que se comportan como auténticos ogros mentres seguen acumulando diñeiro. Por iso xa case non queda comida para o resto dos mortais e a xente vaga polos camiños desorientados e famentos. Son os tempos da Grande Escaseza.

Tres perdedores, valentes e atrevidos xuntaranse para crear El Circo de la Luna e contarnos en voz alta o que todo o mundo pensa e cala.

Premio mellor escenografía Feten 2016

 

Teatro Paraíso - País Vasco

Público: máis de 6 anos

Intérpretes: Tomás Fernández, Ramón Monje, Mikel Ibáñez

Dirección: Ramón Molíns

 

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función dende unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

www.ticketea.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión