Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo - Juan Jacinto Muñoz Rengel

Título do libro: "El gran imaginador"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/02/2017

Xa rematou

Horario:

O encontro comezará ás 20.00 horas e realizarase no Centro Ágora.

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

Organiza:

Polisemias

Contacto:

Tel.: 981 189 888

 

Esta é a historia do maior imaxinador de todos os tempos, cuxa vida acabará por converterse na súa grande obra mestra...

Atenas, século XVI. Nikolaos Popoulos naceu dotado cunha capacidade de fantasía máis aló dos límites da natureza. A súa verdadeira vocación é ser escritor. Pero, como perseguido por unha maldición, ve unha e outra vez truncados os seus plans, mentres é arrastrado a unha épica viaxe ás orixes da fábula e a ficción. Coñecerá a lendarios corsarios e os asombrosos piratas uscoques; tropezarase coa Condesa Sanguenta e co gólem de Praga, inspiradores dos mitos de Drácula e do monstro de Frankenstein, e trabará unha íntima amizade con Miguel de Cervantes, antes de que se converta no xenio máis famoso das letras universais. Pero, logrará á fin escribir unha obra digna da súa imaxinación ilimitada?

No cuarto centenario de Cervantes, Juan Jacinto Muñoz Rengel volve sorprender cunha historia chea de fantasía, humor, aventura e homenaxes literarias protagonizada por un estrambótico personaxe que ten unha imaxinación sen límites e que fará as delicias de calquera amante da literatura.

Juan Jacinto Muñoz Rengel (Málaga, 1974) é autor das novelas "El asesino hipocondríaco" (Plaza & Janés, 2012) e "El sueño del otro" (Plaza & Janés, 2013) e, da colección de microrrelatos "El libro de los pequeños milagros" (Páginas de Espuma, 2013), dos libros de relatos "De mecánica y alquimia" (Salto de Página, 2009), Premio Ignotus ao mellor libro de contos do ano, e "88 Mill Lane" (2006), así como do relato longo "Pink" publicado no selo dixital PRH Flash (2012). Coordinou e prologou as antoloxías de narrativa breve "La realidad quebradiza" (Páginas de Espuma, 2012), "Perturbaciones" (Salto de Página, 2009) e "Ficción Sur" (Traspiés, 2008). Como autor de relato curto recibiu máis de cincuenta premios nacionais e internacionais e foi incluído nas tres antoloxías de referencia da súa xeración: "Cuento español actual" (Editorial Cátedra, 2014), "Pequeñas Resistencias" (Páginas de Espuma, 2010) e "Siglo XXI" (Menoscuarto, 2010). A súa obra foi traducida ao inglés, ao francés, ao italiano, ao grego e ao ruso, e publicada en máis dunha ducia de países.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión