Concello da Coruña

Concello da Coruña

Letras galegas 2016

A cidade festexa o Día das Letras Galegas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/05/2016 ata o 30/05/2016

Xa rematou

Prezo:

 

 

A cidade festexa o Día das Letras Galegas cunha gran cantidade de eventos, moitos deles arredor da figura de Manuel María, o autor a quen se lle dedican as Letras en 2016.

 

PROGRAMA

- As Bibliotecas Municipais teñen unha programación especial da que hai ampla información na súa web.

- Ágora - 14.05.2016: Paseos pola Coruña literaria. Paseo con Yolanda Castaño (inscrición unha semana antes)

- Ágora - 14.05.2016: Guadi Galego: Lúas de outubro e agosto. Con convite (máximo dous convites por persoa). Os convites repartiranse (até esgotárense), ao coller libros en galego nas Bibliotecas Municipais (agás na Biblioteca Infantil, por se tratar  dunha actividade dirixida a público adulto) para os levar en préstamo. Comezaranse a repartir o luns 9 de maio, no horario de apertura de  cada unha das Bibliotecas Municipais.

Con motivo do Día das Letras e co fin de promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2016, este ano conformado por un concerto de Guadi Galego, do disco Lúas de outubro e agosto.

- Palacio da Ópera - 15.05.2016: Concerto extraordinario da Banda Municipal de Música dirixido por Javier Viceiro-Filgueira

- María Pita - 17.05.2016 - 12.00 h: Pregoa a voz. Lectura pública de textos de Manuel María desde o balcón do concello de María Pita.

O concello convoca á cidadanía a unha lectura desde o balcón do concello, unha convocatoria aberta a toda a poboación.

- Ágora - 17.05.2016: Bebescena. Xente miúda moita fartura.

- Teatro Rosalía Castro - 17.05.2016 - 21.00 h: Milladoiro, Concerto das Letras Galegas 2016. Entrada con convite. Os convites repártense na Billetería da Pza. Ourense de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. (Máximo dous convites por persoa)

- Fórum Metropolitano - 20.05.2016: Mamá Cabra 15 primaveras. Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo no que fará un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións.

 - Ágora - 30.05.2016: Poetas Di(n)versos. Luz Pichel e Mohsen Emadi.

 

 

 

 

 

 

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión