Concello da Coruña

Concello da Coruña

La Dance e Say my name

Xoves de música

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/03/2017

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

La Dance é un proxecto musical que nace na Coruña, a finais do ano 2009, baseado na autoxestión e plena independencia creativa, de carácter ecléctico á vista das distintas bagaxes musicais dos seus integrantes e dando prioridade, polo tanto, ás cancións, protagonistas absolutas do proceso creativo.

A espontaneidade que caracteriza música e letra oscila entre pasaxes escuras e introspectivas, ritmos eléctricos e formatos espidos, acústicos e directos.

Say my name: no ano 2012, Andrea de Artaza e Dani Vaamonde únense para facer versións e comezar, por outra banda, a compoñer as súas propias cancións. Gravan con Arturo Kress unha maqueta acústica de dous temas propios e actúan na sala Le Club.

Say My Name, grupo de pop rock en inglés, nace ao ano seguinte coa incorporación de Jorge Salgado e Valeria Rubal, guitarrista e batería, respectivamente.

No ano 2014 incorpórase Tomás Loroño, baixista, completando así a formación.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión