Concello da Coruña

Concello da Coruña

Kiko Veneno

Dise que Kiko Veneno é o Bob Dylan español. E non é unha esaxeración nin tampouco unha frase feita sen máis. Un talento tan persoal, libre e fóra de tempo coma o seu só admite comparacións dese nivel.

Cando:

10/08/2013

Xa rematou

Horario:

23.00 h.

Enderezo:

Playa de Riazor s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

Veuno demostrando dende finais dos setenta cando irrompeu con Veneno e continúao certificando no presente, disco tras disco, concerto tras concerto. A última parada nese traxecto foi "Sensación térmica", o álbum gravado co produtor Raúl Fernández (Refree) no que o autor mostra o seu lado máis experimental. Trátase do seu particular modo de dicir que é un artista vixente e que mira ao futuro xusto despois de botarlle unha ollada ao pasado tras soprar as velas do 20 aniversario de "Échate un cantecito". Trátase da súa obra máis coñecida e a que lle permitiu deixar o seu traballo de funcionario para dedicarse en corpo e alma a escribir cancións e enriquecer a vida dos seus fans con elas. Alí atopábanse xoias como "Joselito" ou "En un mercedes blanco", cancións que xa se escoitaron en Riazor en 1995 e no 2008 nas dúas anteriores intervencións do andaluz no festival. En ambos os casos comprobouse a efectividade do seu directo e a valía dun repertorio directo, contaxioso e para todos os públicos. Agora chega con espírito renovado pero co repertorio maxistral de sempre.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión