Concello da Coruña

Concello da Coruña

Jim e a illa do tesouro - Eme2

O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Fronte ao mar, soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E raios que o fará!

A quen vai dirixido?:

máis de 6 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

17/12/2016

Xa rematou

Horario:

18.30 h      Prégase puntualidade.Unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

 

Duración:

55 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 €) (abono inclué como mínimo un adulto e un menor) menores de 3 anos 2'00 €

Televenda:

Ticketea

Organiza:

imce

O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint. Desta maneira comeza a viaxe á Illa do Tesouro. Unha viaxe no que Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna.

Música, acción, liortas, humor, piratas desapiadados, piratas parvos, pernas de pau,  parches no ollo, papagaios, cancións corsarias, un tesouro agochado, unha illa remota e unha busca chea de aventuras. Jim e a Illa do Tesouro conserva todos os elementos que fixeron da peza de Stevenson o maior clásico das novelas de aventuras e unha fonte de inspiración para posteriores filmes, obras de teatro, bandas deseñadas e novelas de temática pirata.

Jim e a Illa do Tesouro é unha peza cunha linguaxe estética moi coidada en que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta, chea de acción, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un mundo fantástico e aventureiro.

 

Eme2  - Galicia

Público: máis de 6 anos

Idea orixinal: Jokin Oregi, Javi Tirado, Álex Díaz

Dirección: Álex Díaz e Javi Tirado

Intérpretes/manipuladores: Rocío González e Toni Salgado

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho central de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00  e de 16.30 a 19.30 h.

- Despacho de billetes do Forum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

- Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h )

www.ticketea.com

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión