Concello da Coruña

Concello da Coruña

Harlem Globbetrotters

Os auténticos Harlem Globetrotters chegan a España este maio de 2017! Os nosos magos do balón deixarante pegado ao asento sendo testemuña dunhas acrobacias coa pelota só aptas para xenios.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/05/2017

Xa rematou

Horario:

Apertura de portas: 18.00 h

Inicio do espectáculo: 19.00 h - Remate: 21.00 h

Acceso Magic Pass: 17.00 h

Inicio Magic Pass: 17.30 h - Fin Magic Pass: 18.00 h

Duración:

2 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Cadeiras pista VIP: 100,00 € + gastos de distribución se os houber (Inclúe asentos xunto aos bancos e un M&G exclusivo cos xogadores previo ao partido)

Cadeiras pista A: 45,00 € + gastos de distribución se os houber

Cadeiras pista B: 40,00 € + gastos de distribución se os houber

Sector 1: 36,00 € + gastos de distribución se os houber.

Sector 2: 32,00 € + gastos de distribución se os houber.

Sector 3: 28,00 € + gastos de distribución se os houber. Establécese un 15% de desconto coa compra de catro localidades

Sector 4: 24,00 € + gastos de distribución se os houber. Establécese un 15% de desconto coa compra de catro localidades

Sector 5: 20,00 € + gastos de distribución se os houber

Contacto:

Coliseum
Francisco Pérez Carballo, 2. 15008- A Coruña
Tel.: 981 134 450

Concello da Coruña
Tel.: 981 184 200 | 010

Unha incrible combinación de deporte, acrobacias e humor chea de valores (compañeirismo, xogo limpo, igualdade...) que enganchará e fará participe a toda a familia desde o minuto 1.

Como novidade, nesta xira, os Globetrotters xogarán cunha liña de 4 puntos a 9 m da canastra -case 3 m máis lonxe da de 3 puntos da NBA-. Non perdas a Big Easy Lofton, Ant Atkinson, Hi-Lite Bruton, Thunder Law, Bull Bullard, Cheese Chisholm* e moitos máis...

Reserva xa as túas entradas, que voan!

*Elenco suxeito a cambios.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Venda telefónica: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión