Concello da Coruña

Concello da Coruña

Guadi Galego: O mundo está parado

Despois de recibir o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta "O mundo está parado", o seu terceiro álbum en solitario.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/03/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce novamente como produtor musical. Os seus directos teñen esa sonoridade envolvente, un son que deambula entre a tradición e a vangarda e que acaba a súa madurez neste último traballo.

A primeira e limitada edición de O mundo está parado foi en formato vinilo.

Na súa estrea, Guadi Galego estivo arroupada pola súa ampla familia musical: Abe Rábade, Anxo Angueira, Anxo Pintos e Santi Cibreiro, entre outros.

Guadi Galego: voz e piano

Carlos Abal e Guillerme Fernández: guitarras

Paco Charlín: baixo

Isaac Palacín: batería

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19. 30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226 - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión