God Save The Queen, considerada pola revista 'Rolling Stones' como a mellor banda tributo do planeta, repite xira unha vez máis, por España.
22/11/2014
Xa rematou
22.00 h.
- Pista de pé: 29,00 euros.
- Bancada: 32,00 euros.
A banda vén precedida polo éxito da anterior xira española no 2013, na que o seu show foi visto en oito cidades por máis de 40.000 espectadores, e cun éxito rotundo de crítica e público.
Despois da exitosa e multitudinaria prexira estival deste ano, ampliáronse datas para outubro e novembro, incluíndo entre elas, a que se realizará o próximo 22 de novembro, no Coliseum da Coruña.
Con máis de tres millóns de espectadores por todo o mundo, God Save The Queen-(DSR) regresa esta vez, coa tournée mundial "The Show Must Go On".
Unha ambiciosa produción, para un grandioso espectáculo que recompilará os Greatest Hits dos rockeiros británicos.
O currículo de God Save The Queen - (DSR) conta con momentos indelebles como o de ter sido eloxiados por Jer Bulsara, (nai de Freddie), durante a realización do Freddie Mercury Memorial Day en Montreux, no 2006.
Outro momento emocionante para o grupo foi, cando Brian May, o guitarrista da banda orixinal, nos sorprendeu mentres ensaiaban para un show e quixo coñecelos persoalmente e darlles alí mesmo o seu beneplácito.
Tamén, Peter Freestone (secretario persoal de Freddie), Jacky Smith (presidenta do
fan-club oficial de Queen), ou Jim Beach (empresario de Queen), recoñeceron publicamente que GSTQ/DSR é a banda que mellor tributo rende a Queen.
O lendario son orixinal e a impresionante semellanza física e vogal de PABLO PADÍN con Freddie Mercury, faranlles revivir aos espectadores os momentos máis importantes da historia musical da mítica banda londiniense.
Aqueles que xamais tiveron a oportunidade de gozar de Queen en directo, non deben perder este emocionante espectáculo, que lles fará vibrar, como se estivesen vendo a banda orixinal...
Entradas:
- Pista de pé: 29,00 euros
- Bancada: 32,00 euros
Venda de entradas:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible