Espectáculo interactivo entre o público infantil e o mago, onde os nenos sairán a colaborar e participar da maxia, creando un ambiente moi divertido coas bromas e xogos que se van sucedendo.
28/09/2013
Xa rematou
19.00 horas.
1 hora
ENTRADAS: 5.00 € (abono 3 familiar: 12.00 €)
Unha hora de duración onde eles fan de magos, coa boa intención de crear maxia, aínda que se lles rompan as tesoiras, o abano, as cordas, os aros non se enlazan, os papeis rotos non se recompoñen, etc., pero a pesar diso Javier Muro fai que todo volva á súa normalidade e a maxia se faga real.
Aparicións imprevisibles, cordas cortadas e restauradas, panos que cambian de cor, unha bóla flota no aire como se estivese viva, o debuxo dunha lousa fala co mago, etc. Todos os nenos que participan no espectáculo convértense nos protagonistas, ata para a súa sorpresa facendo realmente maxia.
Un espectáculo totalmente enfocado ao público infantil e familiar.
ENTRADAS: 5.00 € (abono 3 familiar: 12.00 €)
VENDA DE ENTRADAS:
- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)
- Despacho do Fórum: mesmo día, dende unha hora antes (pagos en efectivo)
- Televenda: 902 504 500 e www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible