Un ano máis a sala de exposicións do Palacio Municipal conclúe a súa programación anual cunha exposición da Sociedade Filatélica da Coruña sobre un evento fundamental da nosa cidade.
Dende o 21/11/2013 ata o 02/12/2013
Xa rematou
Entrada libre e gratuíta.
Nesta ocasión conmemórase o centenario do tranvía eléctrico, sen dúbida unha das infraestruturas que máis axudou a vertebrarnos como cidade. Diferentes coleccións de selos acompañan a documentación cedida pola Compañía de Tranvías.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible