O Festival Marea Alta é un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que en setembro do 2014 celebra a súa primeira edición na cidade da Coruña.
Dende o 16/09/2014 ata o 21/09/2014
Xa rematou
Festival Marea Alta é un encontro internacional arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindible. Ademais, busca concienciar a institucións, empresas e cidadanía da necesidade da preservación do ecosistema mariño para garantir a súa sostenibilidade.
O Festival Marea Alta é un evento internacional e multidisciplinar que resalta a relevancia dos océanos na nosa vida cotiá e no que diversos creadores e expertos mostrarannos os últimos avances e creacións en campos tan apaixonantes como a pesca sostible, o fotoperiodismo, a gastronomía, a reciclaxe mariña, etc. O Festival Marea Alta son exposicións, talleres, proxeccións, encontros con artistas, científicos e representantes do sector industrial, debates, charlas e storytelling, mercado do mar, e actividades gastronómicas relacionadas coa contorna mariña.
Conta coa participación de National Geographic, fotógrafos de sona coma Daniel Beltrá ou Juan Pablo Moreiras, realizadores como Jorge Candán e os artistas, activistas e surfistas Skeleton Sea, entre moitos outros.
É, ademais, un foro de participación da cidadanía, no que se darán a coñecer, en profundidade e de forma colaborativa, os problemas dos nosos mares. O Festival Marea Alta tamén formulará e promoverá diversas iniciativas para preservar o ecosistema. Todos xuntos podemos contribuír a mellorar a saúde do mar.
+Información e programa en www.festivalmareaalta.org
- Facebook: https://www.facebook.com/FestivalMareaAlta/
- Twitter: http://www.twitter.com/FestMareaAlta (hashtags #MareAlta e #CelebraOMar)
- Spot do festival: http://youtu.be/5bYLbdpUFRI
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible