As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de tódalas idades: obradoiros, contacontos, recitais, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.
Mocidade dende os 16 anos.
Juvenil
24/04/2024
Ya ha finalizado
Desde el 17/04/2024 hasta el 24/04/2024
Require inscrición.
19.00 a 20.30 h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Calle Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 184 384
Neste obradoiro, impartido pola coruñesa Bea Lema, ilustradora e autora de cómic, as persoas participantes realizarán ilustracións con tecidos superpostos, coma se fose un collage, para crear unha escena similar as ilustracións da súa novela gráfica "O Corpo de Cristo".
Esta técnica, estilo collage, xurdiu en Chile durante a ditadura militar e as pezas resultantes chámanse arpilleras. As obras eran realizadas por grupos de mulleres que plasmaban no seu traballo a busca dos seus familiares desaparecidos. Tempo despois, esta práctica estendeuse a outros países de América Latina.
A prática no obradorio centrarase en realizar un deseño propio. Comezarase creando a ilustración que posteriormente será trasladada á tea. A partir dese momento escolleranse os apliques a utilizar, para rematar bordando pequenos detalles. No proceso aprenderanse diferentes tipos de puntadas e técnicas para crear cada persoa a súa propia arpillera.
Actividades relacionadas
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible