Tres irmáns reciben unha carta do seu pai, funambulista de fama internacional, anunciándolles a súa retirada e convidándoos a ver a súa última actuación
Para público en xeral
13/02/2015 ás 21:00
Xa rematou
21 h
76 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9'00 euros (carné novo, + 65 anos, desempregados, 7'00 euros)
Venda anticipada: 6'00 euros (ata o 12 de febreiro de 2015 ás 23.59 h)
Ás súas costas unha retahíla de reproches e rancores. Ante eles unha viaxe cargada de dúbidas e esperas, de carreiras cara adiante e pasos atrás, de equilibrios e desequilibrios sobre a corda. Ata que chegue o gran salto.
Trátase dunha historia de viaxe, un paso ao baleiro, a eses ocos da infancia que buscan encherse na idade adulta, sen éxito. É iso que nos move a obter respostas sen saber exactamente cal é a nosa pregunta. É apenas un reflexo roto de tres homes únicos.
"Un debería escoller o que se herda e o que non" Cordas.
Texto: Bárbara Colio
Os LUNS
con, David Luque, Quique Fernández, Alejandro Saa
Dirección: Fefa Noia
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Sede Afundación: de luns a sábado (inclusive festivos) de 9 a 21 h.
Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h
Televenta: 902 504 500
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible