Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conectividades Intervencións Converxentes

Presenta Pablo de Castro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/02/2018 ata o 06/04/2018

Inauguración CONECTIVIDADES en Galería Vilaseco, venres 9 de febreiro ás 20:30 h

Xa rematou

Horario:

Luns a sábado

11:00 - 14:00 h

17:00 - 20:30 h

Enderezo:

Galería Vilaseco. Rúa Padre Feijoo 5, 1º. 15004 A Coruña

Contacto:

Tel.: 981 216 252

info@vilaseco.com

A Galería Vilaseco inaugura un novo proxecto expositivo este venres 9 de febreiro baixo o título Conectividades_Intervencións Converxentes, mostra dunha selección de obras do coleccionista Pablo de Castro, que desde que en 2009 coñeceu a Síndrome de Rett a súa colección está guiada por esta relación. Pero non por iso pretende concienciar desta síndrome se non que nos expón as cuestións vitais que lle xorden desde a súa relación con ela. É por tanto unha colección de emocións persoais que percorre un imaxinario totalmente subxectivo. A través de encontros na galería con diferentes profesionais da creación e da saúde mental debaterase sobre as posibilidades da arte como ferramenta de expresión que facilite a recuperación do benestar emocional e social. Pablo de Castro é licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid, especialidade de Hª da arte, é profesor de Historia e Arte, e cofundador do colectivo de profesores El Punto Rojo, que investiga e propón novas fórmulas para o ensino das artes nos ensinos regrados. Dentro desa liña de investigación deseñou numerosos proxectos de innovación educativa, premiados en diversas convocatorias como Los Nueve Secretos (Fundación do Patrimonio Histórico de Castela e León), Concurso Viatores (Fundación Siglo), os Premios Vaccea (UVa) ou o Festival Internacional de Cine de Valencia, entre outras. Algúns deles formuláronse en colaboración con institucións como a Galería Espacio Líquido (Xixón), o Instituto Cervantes de Nova Deli, o Museo Patio Herreriano de Arte Contemporáneo Español, o Museo Nacional de Escultura ou o Centro de Estudios Vacceos Federico Wattenberg (UVa). Foi tamén membro fundador da Asociación Bocallave Iniciativas Culturales, coa que promoveu diferentes propostas e exposicións artísticas en pos da descentralización do sistema-arte. É tamén artista plástico e visual, coleccionista e pai. Para inaugurar a mostra, o venres 9 de febreiro ás 20.00 h, gozaremos dunha visita guiada por Pablo. Agardámosvos!

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión