Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto VAI SER BOA!

LOCALIDADES ESGOTADAS

A quen vai dirixido?:

Familias con nenos e nenas a partir de 4 anos.

Cando:

05/10/2014, de 18:00 a 19:00

Xa rematou

Horario:

18.00 h.

Duración:

1 hora

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

LOCALIDADES ESGOTADAS

Páxina web:

http://www.migallas.com/vai_ser_boa

É un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupoTreixadura.

Espectáculo no que se combinan cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela Manuela”” e Pan de millo.

A música está gravada (toca unha banda de pulgas) pero as voces solistas son en directo.

Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, dos ditos e das cancións tradicionais; o coidado das mascotas; o coñecemento e respecto da natureza; a colaboración fronte á competición, etc.

Idioma: galego. Xénero: comedia e canción infantil.

FICHA ARTÍSTICA:

  • Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus
  • Escenografía: María Campos
  • Técnica de luz e son: Alba Tamara
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro

ELENCO:

  • Panadeiro: Carlos Yus
  • Panadeira: María Campos
  • Músicos: Banda das pulgas
  • Música: Paulo Nogueira, Magoia bodega, María Campos e Carlos Yus

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión