Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto BRINCA VAI! 2.0

ESGOTADAS AS INVITACIÓNS. Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, vídeos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

A quen vai dirixido?:

Familias con nenas e nenos a partir de 4 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Familias

Cando:

16/05/2015, de 18:30 a 19:30

Xa rematou

Horario:

18.30 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta, con invitación.

As invitacións poderanse recoller (máximo 4 por persoa) nas conserxerías do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano, dende o luns 11 de maio, ás 9.00 h (ata que se esgoten).

As nenas e nenos menores de 3 anos que non ocupen asento non necesitan invitación.

Nesta ocasión, o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparellos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, bailes e cancións.

As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Entroido, o Nadal etc.) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben coas amigas e amigos nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso.

Brinca Vai 2.0 convértese nun espectáculo interactivo onde a música colle forma e a imaxe soa máis alegre. Brinca Vai 2.0 viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar cos ollos, as mans e as orellas ben abertas!

  • Guión e dirección artística: Paco Nogueiras e Xosé Miguel Sagüillo
  • Música e son: Paco Nogueiras
  • Imaxe e vídeo: Xosé Miguel Sagüillo
  • Vestiario: Paco Nogueiras

Recomendado para familias con nenas e nenos a partir de 4 anos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión