Presentación do libro de Mario López Guerrero.
"Sexan estes os nosos mellores tempos, ou sexan os peores, son os únicos que temos."
A. BUCHWALD
__
O ano pasado na presentación de "59 entradas y 500 noches", contei a historia de que quería facerlle un agasallo orixinal á miña nai e de aí naceu o meu primeiro libro. Xuntei todos os artigos de formación e comunicación que escribira dende o 2009 e aí estaba resumida a miña mirada alegre á vida.
Pero o seu agasallo converteuse tamén nun agasallo para min, polo moito que me está achegando, sobre todo por todo o que me escribistes en correos comentando o que vos pareceu e as fotos recibidas. Non teño palabras para dicir o que sinto. Foi todo un reto lanzarse a escribir co medo que tiña a que alguén me lese, pero sigo crendo que os medos están para superalos e demostrarnos o que realmente queremos facer. Mil grazas de todo corazón.
Agora ben, se a miña nai xa tiña o seu libro, este ano tocaba escribir un para regalarllo ao meu pai, como é lóxico. E aquí está: "Con el tiempo en los talones".
De que vai o libro? Non, non vai sobre talóns e anatomía. Vai sobre o tempo e cómo o pasamos. Cómo o gozamos ou cómo nos angustiamos. Unha visión con humor sobre a xestión do noso tempo e os nosos hábitos que espero que vos guste.
Unha vez máis e non me cansarei de dicilo: Grazas polo voso ánimo e apoio!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible