Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Sen Numerar: As mil vidas de Matías Houseman

Teatro de Adro.

Cando:

Os días 17/01/2014 ás 20:30 , 18/01/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano

Prezo:

7,00 euros (carné xove, +65 anos e persoas desempregadas: 5,00 euros).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Monólogo traxicómico no que o actor Josito Porto interpreta a curiosa e polifacética vida de Matías Houseman, dende a súa adolescencia ata a súa vellez, é dicir, durante pouco máis dunha hora recrea unha existencia de máis de sesenta anos, nos que Matías transita continuamente de profesión en profesión.

Matías Houseman chega a ser estrela da música, futbolista de primeira división, actor de teatro, mafioso, líder espiritual e mesmo presidente do Goberno, entre outras moitas actividades que realiza mentres os anos van pasando e vai moldeando a súa complexa personalidade.

O espectáculo, de ton principalmente humorístico, está marcado pola variedade, intrínseca na maneira en que viva do personaxe arredor do cal xira a peza. Esta variedade permite non só un dinamismo escénico evidente, acentuado polas cancións interpretadas en directo, os números mímicos e os monólogos cómicos, senón que ademais obriga o público existente a se trasladar a outros espazos sen ter que moverse da butaca. Ás veces, o público sentirase como espectador dun concerto de rock, para pouco despois ocupar o lugar dun asistente a un partido de fútbol ou dun convidado a unha charla de carácter espiritual, ou o confidente das confesións dun perigoso mafioso.

 

Entradas: 7,00 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 5,00 euros).

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Fórum Metropolitano: mesmo día do espectáculo, dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión