Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Yo, Feuerbach"

De Tankred Dorst

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/04/2017 ata o 08/04/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

"Sinto a chamada, algo me leva a plantarme de novo sobre un escenario, un impulso febril. Mesmo estou disposto a aceptar que se me convoque para facer unha proba, como se non me coñecesen, como se eu fose un principiante!".

Considerado como un dos grandes dramaturgos do teatro europeo das últimas décadas, o alemán Tankred Dorst asinou en 1991 un texto conmovedor sobre todas aquelas persoas que non conseguen ser protagonistas. Cinismo, humor, forza e delicadeza danse a man en "Yo, Feuerbach", unha certeira peza coa que Dorst converte en alegoría da existencia humana a historia dun actor envellecido que, a pesar do seu talento, vese obrigado a loitar por unha segunda oportunidade.

Baixo a batuta do director Antonio Simón, "Yo, Feuerbach" preséntase como un belo e intenso espectáculo sobre as crises sociais e persoais que nos obrigan a reinventarnos. Pedro Casablanc asume un dos maiores retos da súa carreira na pel dun actor en decadencia; un artista maduro con grandes calidades, pero con algún episodio escuro no seu pasado que o levou a atoparse sen traballo. Un abismo xeracional levántase entre el e o seu mozo antagonista sobre as táboas, un mozo e inexperto axudante de dirección que acaba de chegar ao mundo do espectáculo, encarnado polo actor Samuel Viyuela González.

Coprodución de: Grec Festival de Barcelona 2016, Velvet Events e Buxman Producciones co apoio do Departament de Cultura da Generalitat de Catalunya.

Venda de entradas:

Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Venda telefónica: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión