Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Solitudes

A compañía Kulunka Teatro presenta Solitudes, a súa segunda montaxe despois de André e Dorine. Unha historia que, a través do humor, profunda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 13/05/2016 ás 20:30 , 14/05/2016 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

85 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xoven, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ticketea

O mesmo equipo creativo puxo en pé un novo traballo de teatro de máscaras que, sen unha soa palabra, resulta todo o contrario ao inexpresivo.

O protagonista de Solitudes síntese incomprendido porque, como case todos os anciáns para os que a súa vida é practicamente unha espera, xa só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples, que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o ancián non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade. Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para quen o arrodea.

Unha viaxe por universos cotiáns que, combinando a gravidade co sorriso, conmove, sorprende e convida á reflexión.

Con Garbiñe Insausti, José Dault, Edu Cárcamo.

Dirección: Iñaki Rikarte

Coprodución Kulunka Teatro con Departamento de cultura do Goberno Vasco, Teatro Visctoria Eugenia e Scène Nacional de Bayonne.

Autores: Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Edu Cárcamo, Rolando San Martín.

Duración estimada: 85 minutos.

Venda de entradas soltas a partir de 13 de xaneiro.

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión