A obra de Martin McDonagh fíxose con 5 galardóns nos Premios María Casares de Teatro. Mellor Iluminación (Afonso Castro), Mellor Adaptación/Tradución (Cándido Pazó, Santi Romay, Alberto Rodríguez), Mellor Actriz Secundaria (María Roja), Mellor Actor Secundario (Evaristo Calvo) e Mellor Actor Protagonista (Santi Romay).
Para público en xeral
Dende o 16/05/2017 ata o 17/05/2017
Xa rematou
20.30 horas
113 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosos, pintorescos, característicos... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente illado, viven as súas vidas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten un afán que para el parece extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado coma calquera outro.
Con Evaristo Calvo, Ana Santos, Pepo Suevos, María Roja, Luis Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans.
Dirección: Cándido Pazó
Contraproducións, SL
Venda de entradas:
Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible