No noso mundo civilizado, cando precisas diñeiro vas ao banco e pides un crédito. Senón cho conceden volves para casa, coa cabeza baixa, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe... Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para casa co rabo entre as pernas, manso coma unha ovella.
Para público en xeral
Os días 26/04/2015 ás 20:30 , 24/04/2015 ás 20:30 , 25/04/2015 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
80 min.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, +65 anos, desempregados, -20%).
Venda de entradas soltas a partir do 9 de xaneiro.
Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, porás as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dan o diñeiro pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, se o señor director non che solta a pasta, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe.
Con Antonio Durán "Morris", Pedro Alonso.
Dirección: Fernando Bernués.
Compañía: eme2 Produccións.
Venda de entradas
Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h.
Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9.00 a 21.00 h.
Televenda: 902 504 500
De Jordi Galcerán.Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible