Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - Meu Ben

Eme2 Produccións

Cando:

Os días 07/02/2014 ás 20:30 , 08/02/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

70 min

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

6'50, 8'00, 10'00, 14'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE
Amber vive sen preocupacións, acaba de saír do instituto, está no mellor da vida, sae cun tal Paul e anda de festa en festa... ata que sofre unha molesta "indixestión".

A súa nai Lorraine ataca a un cliente no traballo polo que ten que visitar a "un médico da cabeza" que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de apuntarse a clases de salsa! A avoa Kay, pola súa banda, intenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo. Tres xeracións de mulleres de clase media contan a historia dun ano extraordinario.

Estreada no 2008 pola compañía Guna Nua rapidamente converteuse nun éxito. No 2009 foi galardoada co prestixioso premio Carol Tambor do Festival de Edimburgo sendo a primeira produción irlandesa en levar esta distinción. Dende aquela leva cativando o público arredor do mundo con produccións nas Illas Británicas, en Australia e en Nova York. Agora chega ao estado español da man de Eme2.

Con: Mercedes Castro, Elina Luaces, Rocío González.

Dirección: Álvaro Lavín.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión