Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - "Maridos y mujeres"

Partindo dun guión de Woody Allen, Teatro de la Abadía preséntanos un retrato cru e obsceno das relacións de parella.

Cando:

Os días 10/01/2014 ás 20:30 , 11/01/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

90 min

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

8'50, 11'00, 14'00, 18'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Álex, escritor e profesor de literatura, e a súa muller Carlota, que traballa nunha revista de arte, non dan crédito cando saben que os seus mellores amigos, Alicia e José Luis, aparentemente unha parella perfecta, decidiu separarse. A partir desta noticia, a parella comeza a formularse se o seu matrimonio se basea nunha relación realmente sólida.

Álex Rigola adapta por primeira vez ao teatro este brillante guión de Woody Allen arredor da complexidade das relacións de parella.

Tras a súa estrea en La Abadía o pasado 17 de xaneiro do 2013, e despois dunha xira por máis de dez cidades españolas, volve ao seu lugar de orixe este espectáculo "terapéutico", segundo o seu director, no que o espectador comparte, non só a intimidade da vida en parella dos personaxes, senón o seu espazo nos propios sofás da escenografía.

Allen lémbranos que o concepto do amor é un invento da Idade Media e que querer vivir en parella é algo máis profundo, no que temos que relaxarnos e saborealo sen esperar que sexa sempre coma nos inicios. É así de certo, de triste ou de simple. Ou quizais non. Woody Allen terminou separándose e xuntándose coa súa filla adoptiva pouco tempo despois de estrear a película. Ou sexa que debatan e saquen as súas propias conclusións. En todo caso, "Maridos y mujeres" é un grande espello das relacións humanas dun mestre do século XX.

Intérpretes: Luis Bermejo, José Luis Torrijo, Miranda Gas, Elisabet Gelabert, Fernando Soto, Nuria Mencía.

Dirección e versión teatral de Álex Rigola.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. Orense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión