Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - "La verdad sospechosa"

Compañía Nacional de Teatro Clásico.

Cando:

Os días 21/02/2014 ás 20:30 , 22/02/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

110 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

9'50, 13'00, 15'00, 21'50 €.

(Carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE
Dúas historias de amor atravesadas por continuas equivocacións, a relación de desencontro entre un pai e un fillo e o afán moralizante do autor moven a maquinaria desta comedia seria, articulada arredor da figura do seu protagonista, o mentiroso don García. A súa desbordante imaxinación, que o leva por momentos a crer as fábulas que el mesmo constrúe, e a non menos falsa, aínda que non tan chamativa, actitude dos que o rodean, dotan a obra dunha atmosfera imprevisible que se move nun presente continuo, no que se fai difícil distinguir a verdade.

O autor, mediante unha linguaxe aparentemente sinxela aínda que de versificación e sintaxe complexas, arma unha estrutura compartimentada e compacta á vez, mostrando unha asombrosa capacidade para conseguir que nos divirta e ata nos enterneza ese trapaceiro don García, e que nos fagan rir os sucesivos erros de interpretación ou equivocacións que as súas palabras e actitude provocan nos demais; e que nos seduza, como lle sucede a Jacinta. Non deixa de sorprender que o seu carácter e a súa forma de actuar, digamos, tan creativa, sexan os que saquen á luz as falsidades dos que están ao seu lado.

Tampouco podemos deixar de reflexionar sobre o mundo ilusorio no que viven os personaxes desta comedia irónica chea de fondura, un mundo tan afastado da verdade e, polo tanto, da liberdade, no que todos están sós...

Con Fernando Sansegundo, Rafa Castejón, Marta Poveda, Pepa Pedroche, Pedro Almagro, Óscar Zafra, Anabel Maurín, Miguel Huertas, Joaquín Notario, Juan Meseguer, Nuria Gallardo, David Lorente, Juanma Navas, Alberto Gómez, Mónica Buiza.

Dirección: Helena Pimenta.

 

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión