Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - Hécuba

O espectáculo será suspendido debido a enfermidade e intervención cirúrxica de Da. Concepción Velasco Varona, que a manterá apartada dos escenarios un mínimo de catro meses, segundo consta no seu parte médico, e que provocou que Pentación Producciones determinase a suspenión total da xira prevista para esta obra. Solicitamos que desculpen todas as molestias.

Cando:

Os días 23/05/2014 ás 20:30 , 24/05/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

12'00, 18'00, 22'00, 26'00 €

(carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%.

· O importe da entrada será devolto a todos os abonados a través do mesma canle pola que fixeron a compra.

· Data límite de devolución o día 31 de maio do 2014.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

De Eurípides con versión de Juan Mayorga.

Hécuba é, con máis dereito que calquera outra obra xamais escrita, a traxedia da vinganza. A diferenza do vacilante Hamlet, e con máis determinación que ningún outro vengador que pisase a escena, Hécuba non vacilará, erixíndose a un tempo en acusador, xuíz e verdugo.

Qué enorme personaxe esta anciá que naceu nun palacio, esposa de rei e nai de homes chamados a ser reis, e que hoxe só espera a hora de ser arrastrada como escrava cara á terra estranxeira. E qué paradoxo que precisamente entón, cando parecía máis débil, esta nai desgraciada se revolva –con furia animal, pero tamén cargada de razóns- e devolva un golpe tan irreparable como o que ela recibiu.

Foi un privilexio dar de novo palabra e acción á vella Hécuba e aos outros extraordinarios personaxes da traxedia de Eurípides. Como foi unha honra traballar outra vez para o Festival de Mérida xunto ao meu admirado José Carlos Praza, e facelo para a enorme actriz Concha Velasco. Cómo desexo que chegue a noite en que Concha faga resoar, sobre as pedras de Mérida, a voz vingadora de Hécuba.

Con Concha Velasco, José Pedro Carrión, Juan Gea, Pilar Bayona, Alberto Iglesias, Luis Rallo, Alberto Berzal, Denise Perdikidis, Marta de la Aldea, Zaira Montes, María Isasi.

Dirección: Juan Mayorga.

 

DEVOLUCIÓN DE ENTRADAS:

· O importe da entrada será devolto a todas as persoas abonadas a través da mesma canle pola que fixeron a compra.

· Data límite de devolución o día 31 de maio do 2014.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión