Volve a Compañía Nacional de Teatro Clásico en coprodución con Ron Lalá, con esta obra dirixida por Yayo Cáceres, versión libre da novela de Miguel de Cervantes
Os días 10/10/2014 ás 20:30 , 11/10/2014 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
Nunha gran biblioteca imaxinaria, o fidalgo Alonso Quijano recrea as súas marabillosas fazañas como cabaleiro andante mentres Miguel de Cervantes escribe a súa obra mestra... Quen é máis real, Cervantes ou Don Quixote? Quen soña e quen vive? Ron Lalá presenta a súa versión de Don Quixote da Mancha: unha grande aventura do teatro, a palabra e a música en directo para experimentar toda a graza, a maxia, a rebeldía, a tristeza e a fondura dunha obra inmortal. Coas claves da súa linguaxe escénica (teatro, música en directo e humor), Ron Lalá ofrece unha visión profunda, iconoclasta e viva do Quixote máis cervantino e o Cervantes máis quixotesco: "En un lugar del Quijote".
Con Juan Cañas, Íñigo Echevarría, Daniel Rovalher, Álvaro Tato, Miguel Magdalena
Dirección: Yayo Cáceres
Compañía: Coprodución de Ron Lalá e Compañía Nacional de Teatro Clásico.
Entradas: 21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a venres (incluído festivos) de 9 a 21 h.
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.
Venda telefónica: 902 504 500.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible