Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - "En construcción"

Adentro Teatro presenta "En construcción".

Cando:

Os días 24/01/2014 ás 20:30 , 25/01/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

6'50, 8'00, 10'00, 14'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Dous compañeiros de viaxe ou dous náufragos? Coas alforxas xa medio baleiras... ou medio cheas, segundo se mire. Na metade dunha viaxe o bastante longa como para facer a volta tan custosa como chegar ata o final. O punto de non retorno. O punto en que un decide non desandar o camiño, senón, a pesar de todo, seguir construíndo.

Un home e unha muller inmigrantes, cargados de equipaxe, polas rúas de Madrid. Non hai dramatismo nas súas expresións, máis ben todo o contrario, están ávidos de aventura e oportunidades.

O foco neles. De fondo unha cidade desenfocada, un ruído, unha distorsión, un país que empeza a recortar dereitos e dignidade aos seus propios cidadáns. Non digamos aos inmigrantes, que, co tempo, pensarán en volver aos seus países de orixe.

Un espello: Como vos ven? Como os vemos/tratamos? Que faremos agora cando os inmigrantes noutros países volvemos ser nós? Que será dos nosos soños? Dos soños de Sole e Pablo?

A obra debut do afamado actor de cinema e televisión. Tristán Ulloa como director teatral, narra unha historia de inmigración, de nostalxia e de amor. É divertida, emociona e fai pensar.

Traballo primoroso, sutil e intelixente que deixa hipnotizados os espectadores, no que se propón, con humor (as diferenzas de costumes), a crítica (as sucesivas humillacións, os traballos cada vez peores), a alegría (os brotes de solidariedade, como un sol repentino) e a melancolía. Unha viaxe iniciática polo desamparo da inmigración, pola actual situación socioeconónica, polas consecuencias dos recortes, polos soños da parella, pola cidade como nai e madrasta...

Con: Carolina Román e Nelson Dante.

Dirección e produción: Tristán Ulloa.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión